02 dezembro 2005

Merçi Marguerite
















As presións laborais e a velocidade á que vivimos lévannos a experimentar cambios drásticos no noso equilibrio biolóxico e emocional. Unha maneira moi gratificante de restaurar ese equilibrio é mediante unha terapia de relaxación: a masaxe.
É unha práctica coñecida desde fai 4000 anos na India, China, Exipto e Grecia.
A masaxe actúa directamente sobre o sistema circulatorio: provoca unha drenaxe arterial e unha vasodilatación.
En canto ao sistema nervioso, actúa como analxésico e tonifica a musculatura.
A mediados do Século pasado Marguerite Maury (Bioquímica francesa) incorporou o uso de aceites esenciais na masaxe obtendo así unha serie de efectos agradables.
*Música: Enya & Kenny G - Relax.

0 comentarios: