04 dezembro 2005

Aiche que rir...

















Rir é unha expresión humana e innata ; mais ainda non se sabe de onde provén este xeito de expresión.
Só se intúe que o espíritu que nos permite rir é tamén o que nos permite vivir ben.
Na tradición xudeo-cristiana ademais do sacrificio, a dedicación e o heroismo, son lexítimos a pausa, a reflexión e incluso o descanso, mais non existe espazo para a ledicia e a risa.
Non sucede o mesmo nas culturas orientais: o Budismo Zen sostén que 15 min de risotadas corresponden a 6h de meditación. Segundo os Hindúes a propia creación do Universo foi unha especie de xogo e de broma e segundo Mahoma "a vida é un xogo e unha diversión".
Por tanto rir é indispensable e catártico: libéranos do estrés, da dor e axúdanos a vivir máis san@s e durante máis tempo.
*Música: Axé Bahía Alexia- Samba de Janeiro

0 comentarios: