31 dezembro 2005

OM
















A meditación é unha forma de desenvolver a nosa habilidade mental ante calquera aspecto da vida, entrenandoai, e sobre todo ensinándonos a manexala.
Axúdanos a que os pensamentos non nos dominen, a canalizala enerxía cara a onde queremos, a aprender a controlar os nosos medos, debilidades ou carencias; así como a respostar con emocións máis sanas ante os problemas.
*Música:Bjork-Amberguis march.

30 dezembro 2005

+ OU -
















Superalas ofensas
é unha tarefa importante,
porque o odio e a vinganza
envenénannos a vida.
O perdón desinteresado é unha excelente inversión na nosa felicidade.
*Música: Fernanda Abreu- Garota sangue bom.

29 dezembro 2005

Arte e parte



"A seducción non é cuestión de look.
É un concepto mal enfocado: trátase de saber o que tes e manexalo ben."
Luz Casal
*Música: Alicia Keys- So simple.

28 dezembro 2005

A chamada da selva.



"Todo o que facemos
é importante
e cada acción individual,
multiplicada
por miles de millóns,
pode, cambialo mundo."
Jane Goodall
*Música: Alanis Morissette-8 Easy steps

27 dezembro 2005

Promesa





















Confío
na tolerancia.
O mundo é moi grande
como para pecharse
nun
único
pedazo
de terra.
*Música: Adriana Calcanhoto- Saiba.

26 dezembro 2005

A enfermidade como aprendizaxe.
















As menciñas alternativas
definen a saúde coma un estado de equilibrio.
A enfermidade, por tanto, é a consecuencia da súa pérdida.
É por iso que os seus esforzos céntranse en buscala orixe do desequilibrio
(o exceso ou carencia que o provocou).
Deste xeito, a enfermidade, lonxe de considerarse unha molestia
que complica a vida diaria, pode encararse como unha oportunidade para aprender.
Trátase de aceptala situación e intentar sacar proveito dela.
Isto choca enormemente
co que nos teñen ensinado: -que a enfermidade é algo negativo que debe combatirse...
Así, segundo os métodos naturais o coñecemento da causa orixinal dunha doenza permite unha recuperación máis estable e duradeira porque resolve o problema de raiz.
*Música: M.I.A.-Sunshowers.

25 dezembro 2005

Un sentir
















Corremos sempre detrás de algo,
ainda que sería preferible sentarse e esperar para descubrir que é o que verdadeiramente precisamos.
É bastante posible que o teñamos ao pé de nos; ou incluso ata dentro.
*Música: Vanesa Camargo- Eu posso te sentir.

24 dezembro 2005

Sabiduría.




O Universo
proporciónanos o que precisamos
ainda que moitas veces
non sexa o que queremos.
*Música: Chonchi Heredia-Gracias a la vida.


23 dezembro 2005

Friaxe
















Levantarse antes
para disfrutar do silencio
e o frescor das primeiras horas
é un hábito moi revitalizante...
*Música: Lorena McKennit-Prologue.

22 dezembro 2005

5 Sentidos

















Gusto: sabor de fogar.
Vista: luz e cor.
Tacto: un mundo de caricias.
Olfato: cheiro persoal.
Oido: o son do silencio.
*Música: Mariza-Transparente

21 dezembro 2005

O poder sanador dos recordos.



Cada foto
é unha especie de "espello da memoria"
que reflexa os momentos especiais
e mantenos vivos no tempo...
*Música: Clara Montes- Te recuerdo Amanda.


17 dezembro 2005

Cromoalimentación
















Os alimentos tamén teñen un efecto curativo
segundo as súas cores. Estas infúen no estado de ánimo e podemos valernos
delas para xerar reaccións positivas. A cromoalimentación baséase na relación que segundo a menciña hindú existe entre cores, órganos vitais, estados de ánimo e doenzas.
*Música: Sade- Color of love.

16 dezembro 2005

A escote
















Profundos, en pico, redondos ou á espalda. É hora de lucir pel...
*Música: M.People- Natural Thing

15 dezembro 2005

Alma de Muller



"Hai que ser rigurosa
coas propias fantasías e perseguilas. Non renunciar nunca a elas.
Ter a fantasía de crear un mundo mellor, fará que o acabemos conseguindo."
Marcela Serrano
*Música: Madonna-Hung-up.

14 dezembro 2005

"In-Mundo"



Estamos destruíndo
o noso Mundo,
e con el destruímonos nos mesm@s.
Valeirámolo ceo e estámolo enchendo de lixo.
Si non tomamos conciencia, o mundo non será un lugar agradable.
*Música: Bebe-Ska de la Tierra.

13 dezembro 2005

Pertenza




"Non comprometas a túa persoa. É todo o que tes."
Janis Joplin
*Música: Cathy Claret- La joie de vivre

12 dezembro 2005

Escoita
















"Estou convencida
de que todo
o que se constrúe con Amor
dura, para sempre,
máis alá da morte".
Susanna Tamaro
*Música: Nelly Furtado-Força.

11 dezembro 2005

Horas, minutos, segundos...
















Cando descubramos que a nosa existencia na Terra
non é máis que un estado pasaxeiro, aproveitaremos cada intre para vivir en armonía con nos mesm@s e co mundo que nos rodea.
Na medida en que aprendamos a gozar do "aquí e agora", sen perder de vista quen somos deixaremos de correr tras ese monstruo imaxinario, que pretende convencernos de que vivir é apostar a non perder.
*Música: Nacha Guevara- El vals del minuto.

10 dezembro 2005

A princesa debuxante
















"Sen liberdade a vida non merece a pena.
Prefiro vivir cinco anos libremente
que cen
sen poder dicir o que quero."
Marjane Satrapi
*Música: Sinead O´Connor- Nothing compares to you.

09 dezembro 2005

¿?
















"Atreveríame a aventurar que Anónimo, que tantos poemas escribiu sen asinalos, era a miudo unha muller".
Virginia Woolf
*Música: Las Niñas-Déjame volar.

08 dezembro 2005

Pataca Chic
















Viste a pataca coas súas mellores galas e elevai a novo manxar.
Dourada ou non,
picante ou salgada,
será a raiña dos teus pratos.
Mmmm rica , ricaaa!!.
*Música: Amanda Rogers- Infinitely.

07 dezembro 2005

"Ir-o-nía"




A minina agarimosa e librepensadora Aruxa, cavilou nun intre de relax; dándose un reconstituínte baño de sol. Cando nun sitio calquera vexo un cartaz que di "Cans Non" sempre me asaltan as dúbidas: -¿Eu poido entrar?.
*Música: Marilyn Monroe- Bye, Bye Baby.


06 dezembro 2005

"Super-Acción"

















"Os retos fan que descubras sobre tí mesma cousas que nunca realmente soubeches. Son os que te empurran a ir alén da norma."

Cicely Tyson

*Música: Olga Tañón- Una nueva mujer

05 dezembro 2005

De Aracne




Na antigüedade corría o mito dunha fiandeira chamada Aracne, que tecía as alfombras máis fermosas de toda Grecia...
Nun arrebato de soberbia empezou a alardear das súas dotes artísticas, asegurando que fiaba mellor que a Deusa Palas Atenea.
Para pechala cuestión decidiron facer unha aposta, e Aracne empezou a tecer unha alfombra pero con motivos paganos. A Deusa castigouna inmediatamente convertíndoai nunha araña, mais as súas fillas vingáronse e dende entón non deixaron de tecer con fíos embruxados.
*Música: Madredeus-Ainda

Capa protectota



A hixiene é fundamental para manter a raia as infeccións; mais cando é excesiva pode incluso provocalas-perdémola a capa protectora da pel e podemos enfermar.

*Música: Salomé de Bahía- Taj Mahal


04 dezembro 2005

Vital

















Disfrutar día a día é con diferencia o mellor dos cosméticos...
*Música: Alaska y Los Pegamoides- Secretos de belleza.

Aiche que rir...

















Rir é unha expresión humana e innata ; mais ainda non se sabe de onde provén este xeito de expresión.
Só se intúe que o espíritu que nos permite rir é tamén o que nos permite vivir ben.
Na tradición xudeo-cristiana ademais do sacrificio, a dedicación e o heroismo, son lexítimos a pausa, a reflexión e incluso o descanso, mais non existe espazo para a ledicia e a risa.
Non sucede o mesmo nas culturas orientais: o Budismo Zen sostén que 15 min de risotadas corresponden a 6h de meditación. Segundo os Hindúes a propia creación do Universo foi unha especie de xogo e de broma e segundo Mahoma "a vida é un xogo e unha diversión".
Por tanto rir é indispensable e catártico: libéranos do estrés, da dor e axúdanos a vivir máis san@s e durante máis tempo.
*Música: Axé Bahía Alexia- Samba de Janeiro

03 dezembro 2005

"Con-certo Marinho"




A cuncha dun molusco é lisa e tersa por dentro, é onde se refuxia o animal; a superficie exterior en cambio, presenta liñas de texturas e cores distintas, que forman debuxos sorprendentes. Arrastradas polas olas cara a orilla, as cunchas crean novas estructuras, nas que tódolos elementos aparecen ordenados ao redor dun punto central...

*Música: Jacomina Kistemaker - Entre corrientes.


Fluido




"Toda auga aspira a converterse en vapor e todo vapor a recuperar a súa esencia de auga".
Marguerite Yourcenar.
*Música: La sonrisa de Julia- Nubes.

02 dezembro 2005

Merçi Marguerite
















As presións laborais e a velocidade á que vivimos lévannos a experimentar cambios drásticos no noso equilibrio biolóxico e emocional. Unha maneira moi gratificante de restaurar ese equilibrio é mediante unha terapia de relaxación: a masaxe.
É unha práctica coñecida desde fai 4000 anos na India, China, Exipto e Grecia.
A masaxe actúa directamente sobre o sistema circulatorio: provoca unha drenaxe arterial e unha vasodilatación.
En canto ao sistema nervioso, actúa como analxésico e tonifica a musculatura.
A mediados do Século pasado Marguerite Maury (Bioquímica francesa) incorporou o uso de aceites esenciais na masaxe obtendo así unha serie de efectos agradables.
*Música: Enya & Kenny G - Relax.

@ Histeri@

















Todo empezou cun malentendido. Antiguamente as enfermidades sen explicación aparente, (xeralmente observadas en mulleres), eran atribuídas á sequedade do útero, (hyster en grego).
Así xurde o concepto de Histeria, e a equivocada asociación coa falta de sexo que se lle atribúe "ás histéricas".
Os antiguos pensaban que era o útero o que ante a falta de fluídos, trasladábase polo corpo da paciente cara a sitios húmidos, como a zona do corazón, por exemplo.
Por iso a comprensión do peito ou as taquicardias que decían sentir as enfermas, e a fantasía que asocia histeria e mulleres.
*Música: Lila Downs-El venadito.

01 dezembro 2005

Intre lúdico





















Calquera xogo é un vivo reflexo da vida: a diferencia está en que xogando síntome libre, mentras que na vida real ás veces teño a sensación de que me afogo...
Quixera sentirme libre a todas horas: só entón lograrei ser como realmente son. Niso estamos...
*Música: Daniela Mercuri-Música da Rúa.

Á Lúa chea

















"Cada lúa é distinta. Cada lúa ten a súa propia historia. Dichosos os que poden esquencer a súa mellor lúa"

Inés Aguirre (personaxe do libro "Mujeres de ojos grandes" de Ángeles Mastretta).

*Música: Carla Bruni-Quelqu´un m´a dit.